MONTE XALO. A CORUÑA

O roteiro do Monte Xalo discorre na súa maior parte por terreos da Comunidade de Montes de Xalo. Terá dous puntos de comezo, un en Celas e outro nos Muíños do Rego das Xesteiras, en Hermida de Ternande.

Trátase dun roteiro que se pode realizar en dúas variantes, unha máis pronunciada que outra, ata subir ao cumio do monte, dende onde se pode disfrutar dunhas fermosas panorámicas das Mariñas en primeiro termo e da cidade da Coruña.

Ten unha dificultade media-baixa e discorre o traxecto case na súa totalidade por camiños e pistas de terra entre bosques repoboados con piñeiros, principalmente adicados á explotación forestal. No cumio do monte destacan as formacións rochosas que simulan formas caprichosas, moitas delas antropomórficas e con infinidade de curiosos topónimos.



 

Inicio